jueves, 19 de abril de 2012

O 23 de abril é o día Internacional do libro.

           XOGAMOS O AMIGO INVISIBLE:
                      O libro é o agasallo.

Con motivo do día do libro, o 23 de abril, o equipo da biblioteca propón ós titores unha actividade:


Os alumnos traerán da súa casa un libro para regalar a un dos seús compañeiros. Non é necesario mercalo. Pode ser un que xa teñamos na casa e que esté en bo estado e axeitado a súa idade. O libro virá envolto en papel de agasallo.

Ese día, na hora de lectura, xuntaránse todos os libros e os alumnos elexirán un dos libros que será para eles para sempre e o levarán para súa casa.

Agradecemos ós pais a súa colaboración. É moi importante que cada alumno traia o libro-agasallo para que ningún alumno quede sin él.

O que non quera participar, seguira lendo ese día cos libros de préstamo da biblioteca. Grazas ós pais pola vosa colaboración.


              Un saúdo do equipo da biblioteca.

martes, 10 de abril de 2012