Blog da biblioteca do Ceip San Pedro de Visma.

miércoles, 24 de abril de 2013


O 23 de abril é o día Internacional do libro.

           XOGAMOS O AMIGO INVISIBLE:
                      O libro é o agasallo.

Con motivo do día do libro, o 23 de abril, o equipo da biblioteca propón ós titores unha actividade:


Os alumnos traerán da súa casa un libro para regalar a un dos seús compañeiros o VENRES 26 de abril. Non é necesario mercalo. Pode ser un que xa teñamos na casa e que esté en bo estado e axeitado a súa idade. O libro virá envolto en papel de agasallo.

Ese día, na hora de lectura, xuntaránse todos os libros e os alumnos elexirán un dos libros que será para eles para sempre e o levarán para súa casa.

Agradecemos ós pais a súa colaboración. É moi importante que cada alumno traia o libro-agasallo para que ningún alumno quede sin el.

O que non queira participar, seguira lendo ese día cos libros de préstamo da biblioteca. Grazas ós pais pola vosa colaboración.

lunes, 18 de marzo de 2013

Xabier P. Docampo estivo no noso centro.





Os alumnos de terceiro e de quinto de E.P.  despois de ler un libro escrito polo autor, tiveron un ameno encontro con él na biblioteca.




viernes, 8 de marzo de 2013

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER





A 08 de marzo de 1857, un grupo de traballadores téxtiles decidiu levar para as rúas de Nova York para protestar contra as malas condicións en que traballaban.

Distintos movementos ocorreu despois esa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario dunha folga . Un grupo de mulleres pedindo igualdade de salarios, reducion  do horario de traballo para 10 horas e un tempo para aleitar os seus fillos. Durante a folga, morreron máis de cen mulleres nunha fábrica de algodón queimada Sirtwoot, nun incendio que se atribuie o dono da fábrica, en resposta á folga.
En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras, realizada en Copenhague (Dinamarca) aprobou máis de 100 mulleres declararon 08 de marzo como o Día Internacional das Mulleres Traballadoras.

Actualmente, el é conmemorado como o Día Internacional da Muller.

lunes, 28 de enero de 2013

Visitas escolares á biblioteca do Ágora

Os alumnos de 6º nivel de Educación infantil e os de 6º nivel de educación primaria están a participar nas visitas escolares que ofrece a biblioteca do Ágora. Os alumnos están moi ilusionados con esta visita.

Os deixamos o enlace da súa WEB para que a visitedes.

 http://www.coruna.es/centroagora

Día da paz


          O colexio  preparase para celebrar o día da paz!
Este video está a disposición do colexio para podelo visionar na hora disponible para cada titoría na biblioteca.

martes, 6 de noviembre de 2012

Semana da tradición oral. (7-13 de novembro)


Dende a biblioteca propoñemos diversos materiais para traballar nas aulas a semana de tradición oral.

Animádevos a utilizalos e compartiremos unha tradición moi arraigada en Galicia.


Este libro está a vosa disposición  no expositor.


No seguinte enlace atoparedes diversos relatos, cantigas e refráns.

http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=11&n=literatura_oral

jueves, 27 de septiembre de 2012


            Benvidos o novo curso 2012-2013
                          ¡Imos ler moito!









miércoles, 13 de junio de 2012

UNHA NOVA OLLADA Á NOSA BIBLIOTECA

Temos un concurso de ideas para a BIBLIOTECA.


Estará aberto ata fin de curso. Podedes aportar ideas de como queredes que a renovemos.
-Sillas, cadeiras, estanterias novas, sillóns, libros, películas... Escríbeas nun folio e méteas na caixa de correo que hay na entrada da biblioteca.

         ¿TES NOVAS IDEAS ?


       ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

miércoles, 6 de junio de 2012

Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2012/2013

Este curso, como os anteriores, presentámonos ó "Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2012/2013" Esperemos ter un pouco de sorte!








Seleccionaranse 55 novos centros Esta actuación está cofinanciada polo Ministerio de Educación, en virtude do Convenio de colaboración para a mellora das bibliotecas escolares (Addenda 2010), un programa de cooperación entre as dúas administracións educativas, asinado en 2006.