Blog da biblioteca do Ceip San Pedro de Visma.

lunes, 12 de diciembre de 2011

Concurso de micro-relatos. Título: Sucedeu no Nadal.

Participa  Lonxitude máxima 25 palabras.

O relato con máis votos recibirá un agasallo da biblioteca. Os participantes serán alumnos do CEIP San Pedro de Visma de Educación Primaria. O concurso estará aberto ata o día 16 de xaneiro do ano 2012.
Entrega o teu relato na biblioteca co teu nome e curso, na caixa de correo que estará na mesa dos profesores ou envíao á conta de correo : bibliotecaspvisma@gmail.com

lunes, 5 de diciembre de 2011

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Onte foi Santa Ceciclia. Patroa da música.

Recordamos ós usuarios da biblioteca que temos un espazo para os libros relacionados coa música.


Partitura de Mozart. A compuso perto dos  8 anos.

viernes, 11 de noviembre de 2011

miércoles, 9 de noviembre de 2011




1-Na biblioteca prima o silencio. As voces altas molestan ós lectores. Levanta as cadeiras cando as coloques.
2-A biblioteca é de toda a comunidade educativa. Cuida os libros e o mobiliario.
3- Respecta a orde. Deixa todo onde o atopaches.
4.-Non está permitido comer nin beber na biblioteca.
5.-Un libro mal colocado é un libro perdido. Non coloques os libros nos andeis, déixaos na caixa de DEVOLUCIÓNS.
6.-O espazo de PRE-LECTORES está destinado aos alumnos de EDUCACIÓN INFANTIL e e de EDUCACIÓN PRIMARIA, respéctao.
7.-Podes ter en préstamo un máximo de 2 documentos (libros, películas …).
O prazo de devolución: 7 días para os libros e para o material audiovisual. Se precisas máis días debes renovar o préstamo. Comenzará o préstamo cando se entregue ós titores o carnet lector dos alumnos.
8.- Sácalle proveito á hora semanal de Biblioteca asignada a cada curso e respecta as normas do uso dos ordenadores que estarán expostas na zona destinada a eles.

Boas lecturas!

lunes, 7 de noviembre de 2011

O magosto

Magosto no colexio o día 10 de novembro!
Magosto 10/11/2011

Busca algún libro na biblioteca que fale desta festa.

Aquí tedes unha adiviña moi faciliña.

"Son verde e non son limón, son moura e non son carbón, son vermella e non son sangue, son branca e non son papel, ¿que cousa cousiña son?"


E para saber máis...
A castaña é un dos alimentos máis antigos da Humanidade. Dende o Paleolítico o home alimentouse de castañas e landras. Na relixión celta, o castiñeiro debeu ser venerado polos seus druídas, en compaña do carballo. O castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos, comíanas asadas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano.