Blog da biblioteca do Ceip San Pedro de Visma.

martes, 6 de noviembre de 2012

Semana da tradición oral. (7-13 de novembro)


Dende a biblioteca propoñemos diversos materiais para traballar nas aulas a semana de tradición oral.

Animádevos a utilizalos e compartiremos unha tradición moi arraigada en Galicia.


Este libro está a vosa disposición  no expositor.


No seguinte enlace atoparedes diversos relatos, cantigas e refráns.

http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=11&n=literatura_oral

viernes, 26 de octubre de 2012

jueves, 27 de septiembre de 2012


            Benvidos o novo curso 2012-2013
                          ¡Imos ler moito!









miércoles, 13 de junio de 2012

UNHA NOVA OLLADA Á NOSA BIBLIOTECA

Temos un concurso de ideas para a BIBLIOTECA.


Estará aberto ata fin de curso. Podedes aportar ideas de como queredes que a renovemos.
-Sillas, cadeiras, estanterias novas, sillóns, libros, películas... Escríbeas nun folio e méteas na caixa de correo que hay na entrada da biblioteca.

         ¿TES NOVAS IDEAS ?


       ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

miércoles, 6 de junio de 2012

Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2012/2013

Este curso, como os anteriores, presentámonos ó "Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2012/2013" Esperemos ter un pouco de sorte!








Seleccionaranse 55 novos centros Esta actuación está cofinanciada polo Ministerio de Educación, en virtude do Convenio de colaboración para a mellora das bibliotecas escolares (Addenda 2010), un programa de cooperación entre as dúas administracións educativas, asinado en 2006.

viernes, 11 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS

              Achégase o día das letras galegas. 
          Este ano adícase a Valentín Paz Andrade.

No expositor da biblioteca hai libros para traballar sobre o autor. Podedes consultalos.

Neste enlace atoparedes moito material  para coñecer a sua biografía e moito máis:

                            http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/mat_did.html 

miércoles, 2 de mayo de 2012

                                     Temos máis libros!
O equipo da biblioteca agradece a doación de libros feita por dous membros da comunidade educativa. 



Grazas polo agasallo!

jueves, 19 de abril de 2012

O 23 de abril é o día Internacional do libro.

           XOGAMOS O AMIGO INVISIBLE:
                      O libro é o agasallo.

Con motivo do día do libro, o 23 de abril, o equipo da biblioteca propón ós titores unha actividade:


Os alumnos traerán da súa casa un libro para regalar a un dos seús compañeiros. Non é necesario mercalo. Pode ser un que xa teñamos na casa e que esté en bo estado e axeitado a súa idade. O libro virá envolto en papel de agasallo.

Ese día, na hora de lectura, xuntaránse todos os libros e os alumnos elexirán un dos libros que será para eles para sempre e o levarán para súa casa.

Agradecemos ós pais a súa colaboración. É moi importante que cada alumno traia o libro-agasallo para que ningún alumno quede sin él.

O que non quera participar, seguira lendo ese día cos libros de préstamo da biblioteca. Grazas ós pais pola vosa colaboración.


              Un saúdo do equipo da biblioteca.