Blog da biblioteca do Ceip San Pedro de Visma.

viernes, 24 de febrero de 2012

24 de febrero, día de Rosalía de Castro.

.

Has de cantar ,
Que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos.


Así comenza "Cantares Gallegos" a obra máis representativa de Rosalia de Castro. Estará exposta na biblioteca.


Para amplia información podedes visitar:  http://diaderosalia.tumblr.com/deque

O entroido ancestral. Carnival in the past. El carnaval ancestral.



Si queredes coñecer máis sobre o entroido en Galicia, na biblioteca temos este interesante libro en galego, inglés e castelá que estará a vosa disposición no expositor da biblioteca.

jueves, 16 de febrero de 2012

Charla de Anxo Fariña, onte na biblioteca.





Moitas grazas, Anxo, por compartir o teu tempo cos alumnos do terceiro ciclo, segundo nivel!


Aquí os deixo o enlace o blog de Anxo Fariña
http://megatoxos.blogspot.com/

martes, 14 de febrero de 2012

Poesía gañadora do día da Paz.




                                          No día da Paz...


                             No día da Paz...
                             non haberá metralletas
                             en ningún dos planetas.


                             No día da Paz...
                             non haberá guerra
                             en ningún lugar da terra.


                             No día da Paz
                             non haberá soldados
                             en ningún dos condados.
                                  
                                                                 Pablo Díaz Seoane.


 Alumno do terceiro ciclo, segundo nivel A


                                     Enhoraboa Pablo! 
                             

miércoles, 8 de febrero de 2012

Silvestre Gómez

Estará no noso centro o 2 de marzo. O primeiro nivel do terceiro ciclo terán a oportunidade de coñecer o autor de "Ti non xogas".
Teremos preparado o noso "Libro de Honra". Benvido!


Anxo Fariña

O próximo 15 de febreiro, os alumnos do terceiro nivel do tercer ciclo terán o honor de recibir o último premio Merlín: Anxo Fariña. Os alumnos está a ler o seu libro "A chave da atlántida"




O acto se celebrará na biblioteca do centro. Este curso, a biblioteca contará cun "Libro de Honra". Alí recolleremos as firmas dos persoeiros que visiten a nosa biblioteca.

Benvido! 


.

miércoles, 25 de enero de 2012

Xa temos gañador do concurso de microrrelatos!


Sucedeu no nadal
No ano 1974, no Nadal. O día 25 de decembro estaban todos ceando e nos partimos de risa porque chamou Orange e o meu avó contestoulle: -¡Para laranxa!

                                      Aquí  temos a Victor cos libros de premio e o seu microrrelato.

miércoles, 11 de enero de 2012

Día da Paz

Nestas semanas dende a biblioteca imos  resaltar esta data tan importante. Sabemos que a "PAZ" entre nos a temos que atender día a día: pero podemos ofrecer unha vez ó ano as nosa reflexións para así compartilas cos demáis.
Imos realizar tres actividades dende a biblioteca:





 - A partir do 16 de xaneiro a nosa caixa de correo quedará a vosa disposición para un concurso de poemas que remata o día 26 de xaneiro. Tema: "A PAZ"




-Na estantería das propostas de lectura, unha selección de libros: conflictos, convivencia, paz a familia...







-Haberá ademáis unha cartulina,  na biblioteca, para cada clase, con forma de copa de árbore. Nela pegaremos unhas pombas de papel con mensaxes: ideas, sentimentos, desexos... Podemos inspirarnos no libro: "Aquí paz y además Gloria" da autora Gloria Fuertes. Poemas

Biblioteca Ágora

O vindeiro 29 de xaneiro a Biblioteca Ágora abrirá, por fin, as súas portas.
 Nos comentan que inicia a súa andadura o Club de Ciencia e Investigación. É unha activadade quincenal dirixida a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos, na que pretenden (a través de xogos, obradoiros, visitas, etc) potenciar o interese e gusto pola ciencia, o método científico, o gusto pola lectura, a busca de información veraz, etc
A temática deste ano xirará en torno á paleontoloxía e a criptozoolóxía, e terá lugar cada dous mércores a partir do 1 de febreiro.
Animádevos a participar!!!

lunes, 12 de diciembre de 2011

Concurso de micro-relatos. Título: Sucedeu no Nadal.

Participa  Lonxitude máxima 25 palabras.

O relato con máis votos recibirá un agasallo da biblioteca. Os participantes serán alumnos do CEIP San Pedro de Visma de Educación Primaria. O concurso estará aberto ata o día 16 de xaneiro do ano 2012.
Entrega o teu relato na biblioteca co teu nome e curso, na caixa de correo que estará na mesa dos profesores ou envíao á conta de correo : bibliotecaspvisma@gmail.com

lunes, 5 de diciembre de 2011