Blog da biblioteca do Ceip San Pedro de Visma.

viernes, 11 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS

              Achégase o día das letras galegas. 
          Este ano adícase a Valentín Paz Andrade.

No expositor da biblioteca hai libros para traballar sobre o autor. Podedes consultalos.

Neste enlace atoparedes moito material  para coñecer a sua biografía e moito máis:

                            http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/mat_did.html 

miércoles, 2 de mayo de 2012

                                     Temos máis libros!
O equipo da biblioteca agradece a doación de libros feita por dous membros da comunidade educativa. 



Grazas polo agasallo!

jueves, 19 de abril de 2012

O 23 de abril é o día Internacional do libro.

           XOGAMOS O AMIGO INVISIBLE:
                      O libro é o agasallo.

Con motivo do día do libro, o 23 de abril, o equipo da biblioteca propón ós titores unha actividade:


Os alumnos traerán da súa casa un libro para regalar a un dos seús compañeiros. Non é necesario mercalo. Pode ser un que xa teñamos na casa e que esté en bo estado e axeitado a súa idade. O libro virá envolto en papel de agasallo.

Ese día, na hora de lectura, xuntaránse todos os libros e os alumnos elexirán un dos libros que será para eles para sempre e o levarán para súa casa.

Agradecemos ós pais a súa colaboración. É moi importante que cada alumno traia o libro-agasallo para que ningún alumno quede sin él.

O que non quera participar, seguira lendo ese día cos libros de préstamo da biblioteca. Grazas ós pais pola vosa colaboración.


              Un saúdo do equipo da biblioteca.

miércoles, 21 de marzo de 2012

jueves, 8 de marzo de 2012

Día internacional da muller. 8 de marzo.



Este libro coa muller de protagonista podes atopalo na biblioteca:



Anímate e busca outros!

Tamen podes consultar sobre o tema, na páxina de Nacións Unidas.

                                           http://www.un.org/es/events/women/iwd/2011/

lunes, 5 de marzo de 2012

Silvestre Gómez o venres na nosa biblioteca.

O autor de "Ti non xogas" estivo cos alumnos do terceiro ciclo, primer nivel na biblioteca falando do seu libro.


Moitas grazas por vir o noso centro e compartir ese tempo cos alumnos e profesores!

viernes, 24 de febrero de 2012

24 de febrero, día de Rosalía de Castro.

.

Has de cantar ,
Que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos.


Así comenza "Cantares Gallegos" a obra máis representativa de Rosalia de Castro. Estará exposta na biblioteca.


Para amplia información podedes visitar:  http://diaderosalia.tumblr.com/deque

O entroido ancestral. Carnival in the past. El carnaval ancestral.



Si queredes coñecer máis sobre o entroido en Galicia, na biblioteca temos este interesante libro en galego, inglés e castelá que estará a vosa disposición no expositor da biblioteca.

jueves, 16 de febrero de 2012

Charla de Anxo Fariña, onte na biblioteca.





Moitas grazas, Anxo, por compartir o teu tempo cos alumnos do terceiro ciclo, segundo nivel!


Aquí os deixo o enlace o blog de Anxo Fariña
http://megatoxos.blogspot.com/

martes, 14 de febrero de 2012

Poesía gañadora do día da Paz.




                                          No día da Paz...


                             No día da Paz...
                             non haberá metralletas
                             en ningún dos planetas.


                             No día da Paz...
                             non haberá guerra
                             en ningún lugar da terra.


                             No día da Paz
                             non haberá soldados
                             en ningún dos condados.
                                  
                                                                 Pablo Díaz Seoane.


 Alumno do terceiro ciclo, segundo nivel A


                                     Enhoraboa Pablo! 
                             

miércoles, 8 de febrero de 2012

Silvestre Gómez

Estará no noso centro o 2 de marzo. O primeiro nivel do terceiro ciclo terán a oportunidade de coñecer o autor de "Ti non xogas".
Teremos preparado o noso "Libro de Honra". Benvido!