1-Na biblioteca prima o silencio. As voces altas molestan ós lectores. Levanta as cadeiras cando as coloques.
2-A biblioteca é de toda a comunidade educativa. Cuida os libros e o mobiliario.
3- Respecta a orde. Deixa todo onde o atopaches.
4.-Non está permitido comer nin beber na biblioteca.
5.-Un libro mal colocado é un libro perdido. Non coloques os libros nos andeis, déixaos na caixa de DEVOLUCIÓNS.
6.-O espazo de PRE-LECTORES está destinado aos alumnos de EDUCACIÓN INFANTIL e 1º e 2ºde EDUCACIÓN PRIMARIA, respéctao.
7.-Podes ter en préstamo un máximo de 2 documentos (libros, películas …).
O prazo de devolución: 7 días para os libros e para o material audiovisual. Se precisas máis días debes renovar o préstamo. Comenzará o préstamo cando se entregue ós titores o carnet lector dos alumnos.
8.- Sácalle proveito á hora semanal de Biblioteca asignada a cada curso e respecta as normas do uso dos ordenadores que estarán expostas na zona destinada a eles.
Boas lecturas!