Magosto no colexio o día 10 de novembro!
Busca algún libro na biblioteca que fale desta festa.
Aquí tedes unha adiviña moi faciliña.
"Son verde e non son limón, son moura e non son carbón, son vermella e non son sangue, son branca e non son papel, ¿que cousa cousiña son?"
E para saber máis...
A castaña é un dos alimentos máis antigos da Humanidade. Dende o Paleolítico o home alimentouse de castañas e landras. Na relixión celta, o castiñeiro debeu ser venerado polos seus druídas, en compaña do carballo. O castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos, comíanas asadas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario